DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42806

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Culleredo (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 31 de maio de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«31. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Culleredo (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

1. Aceptar a delegación das competencias tributarias acordada polo Concello de Culleredo en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 6 de xuño de 2024

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal