DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42805

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias do Concello de Trazo (recadación executiva).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 31 de maio de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«30. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Trazo (recadación executiva).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Trazo en relación coa seguinte materia:

Recadación executiva de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de cobramento non periódico ou por períodos inferiores ao ano.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 6 de xuño de 2024

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal