DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42521

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024 pola que se amplía o crédito da Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301C).

O 26.1.2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 19) a Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301C).

O artigo 5 da citada Resolución do 26.12.2023 establece que as subvencións reguladas ao abeiro desta resolución se financiarán con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos mil euros (200.000,00 €).

O artigo 6 da Resolución do 26.12.2023 prevé a posibilidade de ampliar o crédito nas circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Consonte o exposto, actualmente na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible, polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar o importe total do crédito das subvencións establecidas na Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301C).

Na seguinte táboa detállase o crédito definitivo:

Total

401.807,25 €

Crédito

Conta financeira

Importe

Inicial

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

200.000,00 €

Ampliación

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

201.807,25 €

Esta resolución producirá efectos consonte o previsto no artigo 39.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional primeira da Resolución do 26.12.2023;
DOG do 26 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia