DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42523

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Unha vez ditada a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local, do 19 de marzo de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 64, do 2 de abril, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e de conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 30 de novembro de 2017, da entón denominada Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro, esta dirección xeral

DISPÓN:

Nomear o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, coa composición que se relaciona a continuación

Tribunal titular:

Presidencia:

– Beatriz Díaz Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– José Carlos Fagín Taboada, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María Cobas Garabal, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– María Fernanda Montero Parapar, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Javier Enrique Fraga Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Raquel Belén Bahillo Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Modesto Rouco Vilar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Dalmiro Núñez Méndez, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Ana Beatriz Oveja Villafañe, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Juan Carlos Argüello Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local