Este tribunal, nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) e pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 238, do 18 de decembro) para cualificar o proceso selectivo, unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 10 de maio de 2024 pola que se deu publicidade ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo, na sesión do 19.6.2024,
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.
Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024
Iris Ferradás Cao
Presidenta do tribunal