DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2024/021-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: substitución do apoio 9VLTIHR0/54-3 da LMTA VAR817B Vilagarcía-Ande 17.

– Situación: Vilagarcía de Arousa.

– Características técnicas:

Substitución do apoio 9VLTIHR0//54-3 da LMTA VAR817B Vilagarcía-Ande 17, por un apoio C-3000/22.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA56, de 141 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9VLSR2NI//54-4 e final no apoio existente 9VNFEDI3//54-2.

Regulación do condutor (61 metros de LA30), entre os apoios existentes 9VNFEDI3//54-2 e 9VOR2DNQ//54-1.

A instalación está situada na Feira Nova, Rubiáns, no municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 24 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2024/021-4.

Denominación: substitución do apoio 9VLTIHR0/54-3 da LMTA VAR817B Vilagarcía-Ande 17.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

2

Bouza

Labor

36060A03800552

Dolores Mariño Sánchez

1

2,00

18,44

327.67

3

Bouza

Viña

36060A03800551

Dolores Daponte

22,81

4

Bouza

Viña

36060A03800549

Dolores Mariño Sánchez

5,16

76,76

5

Canexiño

Labor

36060A03800411

Sebastián Genoroso Lago García

10,10

119,93

6

Canexiño

Labor

36060A03800409

Descoñecido

6,94

82,39