DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Dozón (expediente IN407A 2024/171-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: instalación dun novo apoio e un telecontrol na LMTA LAL811, entre os apoios existentes 88-A36 e 88-A36-1.

– Situación: Dozón.

– Descricións técnicas:

Instalación dun novo apoio C-2000/14 na liña de media tensión aérea (LMTA) LAL811, entre os apoios existentes 88-A36 e 88-A36-1, no cal se instala un reconectador telecontrolado.

LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 31 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente B1TA1RRF//88-A36 da LMT LAL811 Rodeiro-COG COGAL 11 e final no apoio proxectado C-2000/14.

Retensado do van comprendido entre o apoio proxectado C-2000/14 e o existente 88/A36-1 (122 metros de condutor LA-30).

A instalación está situada en Amedo, na parroquia de Saa, no municipio de Dozón (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 24 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2024/171-4.

Denominación: instalación dun novo apoio e un telecontrol na LMTA LAL811, entre os apoios existentes 88-A36 e 88-A36-1.

Concello: Dozón.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Burata

Rústico

36016A012001220000FU

Celia Paz Bermúdez e

Dolores Paz Bermúdez

1

2,00