DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42466

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 8 de xullo de 2024 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, do Centro Privado Plurilingüe La Inmaculada, de Lugo.

Mediante escritura pública notarial do 29 de maio de 2024, Hermanos Maristas de la Enseñanza, Provincia Compostela, titular do centro privado (CPR) Plurilingüe La Inmaculada, de Lugo, cede a súa titularidade a Fundación Maristas Compostela.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cambio de titularidade

Autorizar a modificación da autorización por cambio de titularidade do CPR Plurilingüe La Inmaculada, de Lugo, código do centro 27006322, a favor da Fundación Maristas Compostela, con efectos do día 1 de setembro de 2024.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional