DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42465

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

BDNS (Identif.): 773114.

Advertidos erros no extracto da orde, publicado no Diario Oficial de Galicia número 133, do 10 de xullo de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 41641, onde di: «Extracto do 8 de xullo de 2024 da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A)», debe dicir: «Extracto da Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A)».

Na páxina 41642, onde di: «O segundo prazo será o comprendido entre o 16 de outubro e o 16 de novembro de 2024», debe dicir: «O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2024».