DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42468

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade da prórroga da vixencia da encarga á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, da execución da obra de reforma da zona de consultas externas do Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense).

De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no artigo 16 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dáse publicidade da prórroga que presenta as seguintes características:

I. Mediante a Resolución do 19 de xullo de 2022 (feita pública no DOG núm. 155, do 17 de agosto), encargóuselle á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado e servizo técnico, a execución da obra de reforma da zona de consultas externas do Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense).

II. Mediante escrito do 5 de xullo de 2023, asinado polo representante de Tragsa e polos directores de obra e de execución, solicitouse unha prórroga ata o 31 de decembro de 2023, debido á necesidade de realizar unha modificación do proxecto inicial para implementar as modificacións necesarias para que a fase 1 e a fase 2 da encarga conten con instalacións de electricidade, iluminación, megafonía, climatización, detección de incendios, voz e datos que se axusten ás necesidades actuais do hospital e á normativa vixente, modificación que ineludiblemente alterou os prazos de execución das obras.

III. Mediante a Resolución do 18 de xullo de 2023 prorrogouse a dita encarga ata o 31 de decembro de 2023.

IV. Con data do 13 de decembro de 2023 dítase resolución pola que se autoriza a redacción do modificado.

V. Con data do 13 de decembro de 2023 foi presentado ante o Servizo Galego de Saúde o proxecto modificado.

VI. A través do escrito do 18 de decembro de 2023, asinado polo representante de Tragsa e polos directores de obra e de execución, solicítase unha prórroga de 31 días no prazo de execución, ata o 31 de xaneiro de 2024, e ata a aprobación do modificado e concesión de prórroga definitiva ata o 30 de xuño de 2024.

VII. Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2023 prorrogouse a dita encarga ata o 30 de xuño de 2024.

VIII. Con data do 30 de xaneiro de 2024 aprobouse o proxecto modificado número 2.

IX. Por escrito do 7 de xuño de 2024, asinado polo representante de Tragsa e polos directores de obra e de execución, solicitouse unha prórroga ata o 31 de outubro de 2024.

X. Á vista destas circunstancias, a Resolución do 27 de xuño de 2024, prorroga ata o vindeiro 31 de outubro de 2024 a vixencia da encarga á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado e servizo técnico, da execución da obra de reforma da zona de consultas externas do Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense), mantendo inalteradas o resto das condicións previstas para a encarga na Resolución do 19 de xullo de 2022.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade