DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024 pola que se fai pública a convocatoria mediante procedemento aberto para o alleamento, mediante poxa pública, de cincuenta e seis animais vacúns de raza rubia galega, pertencentes á axencia.

Convócase mediante esta resolución o alleamento de cincuenta e seis (56) animais vacúns de raza rubia galega, de acordo co disposto no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), o cal configura a Axencia con personalidade xurídica propia, patrimonio e tesouraría propios e autonomía na súa xestión.

A licitación e información dos lotes pódese consultar na páxina web da Axencia, na ligazón https://agacal.xunta.gal/. Para este procedemento rexerá a normativa vixente e os pregos de condicións que figuran no expediente, que poderán ser consultados polas persoas interesadas, na páxina web indicada, a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os licitadores interesados poderán revisar os animais en visita presencial que terá lugar os vindeiros días 22 e 23 de xullo, ás 10.00 horas, nas dependencias do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, estrada Betanzos-O Mesón do Vento, quilómetro 7, Mabegondo, 15318 Abegondo.

As ofertas presentaranse a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento PR004), seguindo as indicacións do prego de condicións.

O prazo de presentación será desde as 00.00 horas do día 23.7.2024 ata as 23.59 do día 24.7.2024.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria