DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.100266).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Touceda Sueiro en representación da Comunidade de Regantes Monte Calvo.

Expediente: DH.A36.100266.

Volume total anual: 6.179,25 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,16 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parcela 3, polígono 37 do catastro de Caldas de Reis

Lugar: A Igrexa.

Parroquia: San Clemente de César.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A auga cáptase nunha arqueta de bloques de formigón e condúcese a unha caseta na mesma parcela que contén sete depósitos de 2.000 litros. De cada depósito parte unha condución ata a parcela de cada usuario que abastece a Comunidade no lugar de Faramontáns, San Clemente de Cesar (Caldas de Reis).

O proxecto pode consultarse na sección de «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º andar, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de xuño de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur