DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42625

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo, taxa adicional de estabilización de emprego temporal.

De conformidade co establecido na base 12.3 das bases xerais que regulan os procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Cervo incluídas na oferta de emprego público 2021 (BOP de Lugo núm. 123, do 31 de maio de 2022), e vistas as resolucións da Alcaldía polas que se aproba a contratación das persoas que superaron os procesos selectivos, procédese á publicación dos nomeamentos que derivan deles:

1. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0616, do 19 de xuño de 2024, pola que se nomea a:

– Áurea Basanta Díaz, DNI ***9918**, MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL con xornada a tempo completo, grupo profesional A2.

– Dolores Álvarez Basanta, DNI ***9192**, MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL con xornada a tempo parcial (80 %), grupo profesional A2.

– Bruno Candal López, DNI ***9605**, MESTRE DE EDUCACIÓN INFANTIL con xornada a tempo parcial (80 %), grupo profesional A2.

– Gloria García Mesa, DNI ***8092**, MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL con xornada a tempo parcial (80 %), grupo profesional A2.

2. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0617, do 19 de xuño de 2024, pola que se nomea a Ramona Baltar García, DNI ***9391**, ADMINISTRATIVA PERSOAL DE APOIO DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL E LINGÜÍSTICA, grupo profesional C1, xornada a tempo completo.

3. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0630, do 21 de xuño de 2024, pola que se nomea a Encarnación Pedrosa Terrón, DNI ***9500**, AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, grupo profesional AP, xornada a tempo completo.

4. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0618, do 20 de xuño de 2024, pola que se nomea a Eva María Sánchez Mariña, DNI ***9448**, TRABALLADORA SOCIAL, grupo profesional A2, xornada a tempo completo.

5. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0614, do 19 de xuño de 2024, pola que se nomea a María Belén Villares Vázquez, DNI ***9292**, como AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, grupo profesional A2, xornada a tempo completo.

6. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0621, do 20 de xuño de 2024, pola que se nomea a:

- Amagoia Marcos de la Merced, DNI ***4831**, como TÉCNICA SUPERIOR INFANTIL, XORNADA A TEMPO PARCIAL (60 %), grupo profesional C1.

- Elisabet Rodríguez Alonso, DNI ****3675**, como TÉCNICA SUPERIOR INFANTIL, XORNADA A TEMPO PARCIAL (60 %), grupo profesional C1.

7. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0613, do 19 de xuño de 2024, pola que se nomea a María Luz Álvarez Pérez, con NIF ***9264**, como ADMINISTRATIVA PERSOAL APOIO ARQUIVO MUNICIPAL, grupo profesional C1, xornada a tempo completo.

8. Resolución de Alcaldía núm. 2024-0620, do 20 de xuño de 2024, pola que se nomea a Laura García Fernández, DNI ***9004**, como MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL con xornada a tempo parcial (60 %), grupo profesional A2.

A formalización do preceptivo contrato laboral deberá producirse, en todo caso, no prazo máximo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Cervo, 25 de xuño de 2024

María Dolores García Caramés
Alcaldesa