DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 42008

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a ordenación do ámbito de confluencia da rúa Maior coa rúa Parque.

Apróbase inicialmente o Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a ordenación do ámbito de confluencia da rúa Maior coa rúa Parque mediante a Resolución da Alcaldía do 13 de xuño de 2024, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e sométese a información pública durante un prazo de dous meses, contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e estará á disposición dos interesados nas dependencias municipais.

A Fonsagrada, 13 de xullo de 2024

Carlos López López
Alcalde