DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 42007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de monitor de lecer e tempo libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 140, do 18 de xuño de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán no proceso selectivo para a provisión dunha praza de persoal laboral fixo denominada monitor de lecer e tempo libre, polo sistema de oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Becerreá, 20 de xuño de 2024

Manuel Martínez Núñez
Alcalde