DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 42005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 14 de xuño de 2024 polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Astilleros y Varaderos Lago-Abeijón, S.L. para a ocupación do dominio público, para o desenvolvemento da actividade de mantemento e reparación de embarcacións no porto do Freixo (expediente 12-40-24-C-1).

O presidente de Portos de Galicia acorda o 20 de maio de 2024 o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Astilleros y Varaderos Lago-Abeijón, S.L. para a ocupación do dominio público portuario en superficie, lámina de auga e das edificacións 12.40.edf.002 (nave taller 1), 12.40.edf.005 (galpón 2) e 12.40.edf.006 (galpón 1) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de mantemento e reparación de embarcacións no porto do Freixo (expediente 12-40-24-C-1).

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.

Debido a que a ocupación solicitada excede os 2.500 m2, en aplicación do artigo 68.2.c) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecte o mesmo espazo e co mesmo obxecto.

O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal > Comunicacións e avisos > Procesos de información pública

Advírtese aos posibles interesados que o acceso ao dominio público portuario solicitado soamente é posible por vía marítima, xa que os terreos estremeiros á zona de servizo son propiedade de Astilleros y Varaderos Lago-Abeijón, S.L.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia