DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 41991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arnoia (expediente IN407A 2024/036-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado en marzo de 2024 en Salvaterra de Miño polo enxeñeiro técnico industrial José A. Fernández González, colexiado núm. 1968 do COETIVigo, e visado polo citado colexio profesional o día 5.4.2024 co número 224-0467.

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Domicilio: Polígono Chan da Ponte, 19, 36450 Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Denominación: reforma e ampliación de potencia CTA 50 kVA Carnos.

Situación: lugar de Carnos, concello de Arnoia.

Orzamento: 18.218,00 €.

Características técnicas:

• Substitución do transformador existente de 25 kVA por un novo transformador de 50 kVA e r/t 20.000/400 V. Substitución, así mesmo, do apoio en que se sitúa, do tipo HV, por novo un apoio de celosía metálica, do tipo C-4500/20.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 10 de xuño de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense