DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 41993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA CBD807, no concello de Ribadumia, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/001).

A instalación denominada Reforma LMTA CBD807 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 15 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 4 de setembro de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Ribadumia.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 19 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Reforma LMTA CBD807

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº de apoio

m2 solo

1

36046A027007290000YZ

Salgueiral

Descoñecido

1

1,69

2

36046A027005710000YE

Areosa

Ana María Padín
Carlos Diz Ferro

2

1,69

3

36046A027005840000YQ

Lavandeiras

Ana María Padín
Carlos Diz Ferro

3

2,25

4

36046A027005150000YY

Veiga de Abaixo

Carmen Bermúdez Ricoy

4

1,69

5

36046A027005200000YQ

Veiga de Abaixo

Lino Domínguez Rodríguez

5, 6

3,38

6

2695508NH2029N0001BH

Casal-Lois

Descoñecido

7

1,69

7

2597530NH2029N0001JH

Trastada-Lois

Rosa Díaz Ortigueira

8

1,69