DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 41771

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

O 14 de maio de 2024 publícase no Diario Oficial de Galicia número 93 a Orde do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou para os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, a través da Orde do 26 de abril de 2024, as axudas para a posta en marcha de casas niño (Diario Oficial de Galicia número 93, do 14 de maio de 2024).

O artigo 10 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. No seu número 2 establécese que o prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación complementaria que deberá achegarse no momento de presentación da solicitude co anexo I, ou ben no prazo previsto no artigo 4.2, xunto co anexo IV relativo á presentación da documentación non achegada coa solicitude.

Unha vez revisadas polo órgano encargado da instrución do procedemento as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10.3 da citada Orde do 26 de abril de 2024 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, coa indicación expresa de que, si así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Así mesmo, tal e como se establece no artigo 18 da convocatoria, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade o establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación, o día 3 de xullo de 2024, de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS403C de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Este acto coa relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes relacionadas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo: demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS 403C concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027.

Acto administrativo e data: requirimento de emenda de solicitudes do 3 de xullo de 2024.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403C/2024-1

Sonia Calvin López

***8395**

Nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en funcionamento.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2024-2

Alba Prieto Rolan

***2928**

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2024-4

Ana Rodríguez González

***3736**

Nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en funcionamento.

Completar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Completar a proposta pedagóxica básica orixinal asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto, que en todo caso aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Plan de actuación orixinal cos nenos e coas nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, elaborado pola persoa solicitante, que aborde as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2024-5

Noemi Sánchez Casado

***9545**

Documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

BS403C/2024-6

Miriam Díaz Díaz

***5716**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2024-7

María del Carmen Pérez Sande

***4999**

Documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2024-8

María Barrio Díaz

***7830**

Completar a proposta pedagóxica básica, incluíndo un exemplo de xornada adaptada ao grupo de idade de 0-1 e 1-2 anos.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2024-9

Nerea Santín Fernández

***4061**

Nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en funcionamento.

Documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º.

Completar a proposta pedagóxica básica, incluíndo un exemplo de xornada adaptada aos nenos e nenas dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.