DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41699

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024 pola que se modifica o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na praza de persoal laboral fixo referenciada no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego públio extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de dicembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Unha vez presentada a renuncia dun vogal do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a I licenciado en Ciencias Económicas (categoría 004 do grupo I) con destino na xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, esta axencia

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Ricardo Rivas Barros como vogal do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a I licenciado en Ciencias Económicas (categoría 004 do grupo I).

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular a Marta Forés Lojo, e como vogal suplente a Albertina Blanco Dorado.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria