DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41698

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 pola que se deixa sen efecto a Resolución do 24 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría de titulado/a superior, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024, pola que se publica a cualificación provisional da fase de oposición.

No Diario Oficial de Galicia número 130, do 5 de xullo de 2024, publicouse a Resolución do 24 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo, para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría de titulado/a superior, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024, na cal, por erro, figura a baremación provisional da fase de concurso, en vez da cualificación provisional da fase de oposición do referido proceso.

En consecuencia, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Deixar sen efecto a Resolución do 24 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría de titulado/a superior, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024, pola que se publica a cualificación provisional da fase de oposición.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

José Eduardo López Pereira
Presidente do tribunal