DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41670

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se amplía o crédito orzamentario existente, que será susceptible de financiamento no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para a concesión das axudas previstas na Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

O 17 de novembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 219 a Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

No artigo 2 das bases reguladoras da dita resolución prevese un crédito de 4.000.000,00 € para o financiamento destas axudas, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 e 2025.

No mesmo artigo prevese que se poderá ampliar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Unha vez revisados os expedientes presentados ao abeiro da devandita resolución, comprobouse que o importe total solicitado destas axudas superaba o crédito da convocatoria para o 2025, o que faría imposible atender a demanda da totalidade das solicitudes presentadas.

Dado que é factible realizar unha ampliación, considérase conveniente ampliar o importe do crédito destinado ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida resolución, coa finalidade de conceder a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Segundo o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

O incremento queda en todo caso condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias a que fai referencia o artigo 30.2 do Decreto 11/2009 e, de ser o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliación de crédito

1. Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual, por un importe de 1.357.103,78 €, con cargo á partida orzamentaria 04.A2.761A.770.0. Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a cinco millóns trescentos cincuenta e sete mil cento tres euros con setenta e oito céntimos (5.357.103,78 €).

2. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial publicado e a presente ampliación, queda fixado no cadro seguinte:

Liñas

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

Liña 1

400.000,00 €

3.408.549,89 €

3.808.549,89 €

Liña 2

300.000,00 €

937.859,40 €

1.237.859,40 €

Liña 3

200.000,00 €

110.694,49 €

310.694,49 €

900.000,00 €

4.457.103,78 €

5.357.103,78 €

3. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas son susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e as demais disposicións que se establecen ao respecto nas bases reguladoras.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Terceiro. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interperse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia