DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41397

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (DOG núm. 244, do 26.12.2022). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23.1.2023) e a Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7.2.2023) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31.3.2023).

A base III.2 da Resolución do 22 de decembro de 2022 dispón que os méritos enumerados na súa base III.1 deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, que foi o 26 de decembro de 2022. Estes méritos deberán acreditarse de conformidade co procedemento que se estableza por resolución do titular da consellería competente en materia de función pública, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024, publicouse a Resolución do 17 de xaneiro de 2024 pola que se fai público o procedemento para a acreditacion dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (corrección de erros no DOG núm. 22, do 31.1.2024). O prazo para a acreditación dos méritos ampliouse ata o 14 de febreiro de 2024 mediante a Resolución do 5 de febreiro de 2024 publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 27, do 7 de febreiro de 2024.

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematado o prazo de acreditación de méritos, o tribunal procederá á baremación do concurso coa colaboración técnica que precise do persoal da dirección xeral competente en materia de función pública, así como que, unha vez finalizada a fase de baremación, o tribunal publicará o baremo provisional con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base.

Na súa virtude, na sesión que tivo lugar o 4 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21.5.2024) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23.5.2024), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación provisional do concurso de méritos dos corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2 que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De acordo co establecido na base III.3 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto sexto da Resolución do 17 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 17, do 24.1.2024) (corrección de erros no DOG núm. 22, do 31.1.2024), as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15.12.2023).

Para os efectos informativos, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta, publícase un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da devandita Resolución do 5 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

Víctor Gallego Vincent
Presidente do tribunal

ANEXO

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2
das cales se publica o baremo provisional

Corpo facultativo de grao medio

Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría

Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social