DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41395

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Resolución do 18 de decembro de 2023 (DOG número 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, nas sesións que tiveron lugar os días 12, 26 e 27 de xuño de 2024, ao abeiro do previsto na base 2.1.2.8 da convocatoria e logo de revisar as reclamacións presentadas contra as cualificacións publicadas pola Resolución do 18 de abril de 2024 (DOG número 91, do 10 de maio) pola que se deu publicidade de diversos acordos nesta materia,

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, a puntuación obtida polo seguinte aspirante, que pasa a ser a que se amosa a continuación:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

***9933**

Gómez Grande, Pablo

Acceso libre

75,00

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións recibidas.

Terceiro. Publicar, conforme os criterios establecidos na base 4.1 da convocatoria en caso de empate, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 24 de febreiro de 2024, correspondente ao primeiro exercicio da oposición do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base 3.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal