DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de obras para peche dun predio no concello de Malpica de Bergantiños (expediente DH.W15.84892).

Ramiro Lema Rey solicita de Augas de Galicia, por encontrarse nas marxes do río sen denominación (s/d), a autorización de obras na parcela de referencia catastral 0543804NH1904S0001MP, no lugar de Mens, parroquia de Mens (Santiago), concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña).

Descrición:

Obras para peche dun predio.

O anterior faise público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, durante un prazo de vinte (20) días laborais, contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal) na sección denominada «participación pública», así como nas oficinas deste servizo, situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar (Edificio Administrativo Monelos), A Coruña, onde estará exposto o expediente de que se trata para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no teléfono 981 18 25 30.

A Coruña, 9 de novembro de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte