DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Poio que supón a extinción da DH.A36.05740 (expediente DH.A36.65425).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Casalvito.

Expediente: DH.A36.65425.

Volume total anual: 8.146,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,008 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: manancial na parcela 961, polígono 19 do Catastro de Poio.

Lugar: Casalvito.

Parroquia: Poio (San Xoán).

Concello: Poio.

Descrición:

A auga do manancial condúcese á caseta con ref. catastral 4787094NG2948N0000JD, que contén 44 depósitos individuais desde os cales se distribúe ás vivendas e parcelas de regadío que abastece a Comunidade no lugar de Casalvito.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 11 de xuño de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur