DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Altin II e Maprogar.

Antecedentes:

1. O día 12 de xuño de 2024, Domingo Prol Meis solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Altin II e Maprogar.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Altin II.

Situación:

Cuadrícula nº: 102.

Polígono: G.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Domingo Prol Meis (***4738**).

Novos titulares: Domingo Prol Meis (***4738**) e María Luisa Pérez Barral (***5497**).

Tipo: batea.

Nome: Maprogar.

Situación:

Cuadrícula nº: 59.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 24.12.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Domingo Prol Meis (***4738**).

Novos titulares: Domingo Prol Meis (***4738**) e María Luisa Pérez Barral (***5497**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento da formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 13 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 13.5.2024)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica