DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña polo que se lles notifica ás persoas interesadas a orde de retrotraer a tramitación do expediente de expropiacións IN407A 2010/268-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», unha vez comprobado que non foi posible realizar a notificación postal as persoas interesadas relacionadas no anexo notifícaselles por este medio o seguinte acordo:

Comprobouse que por mor dun erro, non lles foi comunicada ás persoas titulares dos predios número 78, 81, 84, 87, 88 e 101 do expediente IN407A 2010/268-1 (Lousame-Tivo) o acto de ocupación e requirimento da folla de valoración. En consecuencia, retrotráese para estes predios o procedemento ata a fase indicada.

A copia da acta previa e da folla do depósito están ao dispor das persoas titulares no Departamento de Expropiacións da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar. 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Coruña, 25 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de persoas interesadas

Predio nº 78: Herdeiros de Javier Gómez Rodríguez.

Predio nº 81: Ramón Seage Prada.

Predio nº 84: José Ríos Noya.

Predio nº 87: María Alfonso Beis.

Predio nº 88: Brenda e Olalla Carrillo Campelo. Herdeiros de Manuela Solla Tarela.

Predio nº 101: María Puente Núñez.