DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS210A LU52095 e un máis.

De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas das resolucións dos procedementos de reintegro das prestacións, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, núm. 68, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 3 de xuño de 2024

O/a director/a territorial de Lugo
P.A. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Isabel Vázquez Veiga
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

Persoa interesada

Contido do acto administrativo

Data do acto administrativo

BS210ALU 0000052095

10755213E

Resolución procedemento reintegro prestacións

21.3.2023

BS210ALU 0000014156

10498166T

Resolución procedemento reintegro prestacións

20.2.2023