DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDO do 25 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao inicio dos expedientes de reintegro das axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade á parte substantiva do Acordo adoptado polo director territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, situada na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 8º andar, 36003 Pontevedra.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente. No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento de débeda».

Pontevedra, 25 de xuño de 2024

César A. Pérez Ares
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Di Trolio Caldera, Javier Alfredo.

Importe: 2.249,45 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 17.12.

Interesada: Mariño Veloso, Lucía.

Importe: 2.812,48 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.1.

Interesada: Fuentes Gómez, Gabrielle.

Importe: 610,00 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

Interesado: Rodrigo Henrique, Pedro.

Importe: 360,00 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.13.

Interesado: Nesta Andrade, Fernando.

Importe: 410,00 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

Interesada: Rodríguez Pérez, Erika.

Importe: 400,00 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.1.

Interesado: Hurtado López, Yassar.

Importe: 2.965,41 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

Interesado: Marcos Cisneros, Axel Jovanny.

Importe: 400,00 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

Interesado: Vázquez Martínez, Eric Clay.

Importe: 3.063,70 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.1.