DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán, no concello de Vilaboa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…”, mediante este anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán, que se realizarán na casa do concello de Vilaboa, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 26 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/18-4.

Entidade beneficiaria: ENCE Energía y Celulosa, S.A.

Denominación da instalación: modificación LAT 66 kV Ponte Sampaio a Lourizán.

Concello: Vilaboa.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

58

36058A02500578

A Veiga Grande

Fabián Bravo Mougán e outros

22 de agosto de 2024

11.00

76

36058A02400347

Peai

Mª del Carmen Pérez Rodríguez

23 de agosto de 2024

11.00