DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 2022/PLANEAM/000007 (FG número 694).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2024003315, do 20 de xuño, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan especial de reforma interior POL-14 en Liáns (documento NRE 2024007744, do 15 de abril).

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto na páxina web do Concello (www.oleiros.org), na área de Urbanismo-trámites de información pública, durante o prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 21 de xuño de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente