DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ACORDO do 27 de maio de 2024 polo que se aproba definitivamente o Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral núm. 12 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no lugar do Rebel, na parroquia de Vilalonga.

O Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión ordinaria do día 27 de maio de 2024, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral núm. 12 do PXOM de Sanxenxo, no lugar do Rebel, na parroquia de Vilalonga.

O plan definitivamente aprobado estará ao dispor dos interesados no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Sanxenxo, 4 de xuño de 2024

Telmo Martín González
Alcalde presidente