DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da aprobación das bases específicas para a cobertura, pola quenda libre, de seis (6) prazas laborais fixas.

Na sesión realizada pola Xunta de Goberno Local o día 24 de maio de 2024 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases específicas para a cobertura, pola quenda libre, de seis (6) prazas laborais fixas de operarios/as de obras e servizos municipais, grupo AGP, escala Administración especial, subescala servizos especiais, do Concello de Lalín.

Estas bases publicáronse no BOPPO núm. 111, do 7 de xuño de 2024, e publicarase, así mesmo, un anuncio delas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras están publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm.111, do 7 de xuño de 2024, as cales tamén se publicarán na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 10 de xuño de 2024

José Crespo Iglesias
Alcalde