DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública a extinción e solicitude de concesión de augas no concello de Cee (expediente DH.A15.16115 e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción e o outorgamento dunha nova concesión de augas, coas seguintes características:

Titulares: Alberto Domínguez Capelo e Emilia Dorinda Domínguez Rodríguez.

DNI: ****675* e ****513*.

Expediente: DH.A15.16115 e DH.A15.99181.

Volume total anual: 315 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,01 l/s.

Destino: uso doméstico.

Orixe: manancial.

Lugar: A Lagoa.

Parroquia: Lires.

Concello: Cee.

Descrición do aproveitamento: o aproveitamento consiste na captación dun manancial nas leiras Pedra do Cabirto e Fonte do Campo, mediante un pozo de 2 m de profundidade, do cal sae un tubo ata unha arqueta de 1 m3 de capacidade en formigón, e desde esa ata as dúas vivendas que se van abastecer.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro