DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Canelas VII e A.T.P. I.

Antecedentes:

1. O 22 e o 25 de abril de 2024, José Manuel Vila Fungueiriño e Roberto Martín Fungueiriño Vila solicitaron autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Canelas VII e A.T.P. I.

2. Os solicitantes achegaron auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira o 28 de febreiro de 2024 na peza de xuízo verbal 554/2019 0001 no marco do procedemento de orixe disolución xudicial de sociedades 554/2019 relativo á sociedade civil Hermanos Unidos, S.C. Asemade, presentaron certificación do 11 de abril de 2024 da letrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira.

No dito auto acórdase a homologación da transacción xudicial alcanzada entre as partes, de forma que o viveiro de cultivos mariños Canelas VII (REGA ES150670055801) situado no Distrito de Caramiñal, polígono B, cuadrícula 87 e o viveiro A.T.P. I (REGA ES150670075101) localizado no Distrito de Caramiñal, polígono E, cuadrícula 110 adxudícanse por metade e proindiviso a José Manuel Vila Fungueiriño e a Roberto Martín Fungueiriño Vila.

Asemade, déixase constancia nel de que en virtude da dita transacción dan por liquidada e disolta a sociedade Hermanos Unidos, S.C., sen que, en virtude da súa actividade ata estes momentos, teñan nada que reclamar por ningún concepto entre as partes.

O referido auto do 28 de febreiro de 2024 foi declarado firme o 11 de abril de 2024.

3. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Canelas VII.

Situación:

Cuadrícula nº: 87.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 8.11.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Hermanos Unidos, S.C. (J15772668).

Novos titulares: José Manuel Vila Fungueiriño (***3852**), (50 % privativo) e Roberto Martín Fungueiriño Vila (***3852**), (50 % privativo).

Tipo: batea.

Nome: A.T.P. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 110.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 22.8.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Hermanos Unidos, S.C. (J15772668) .

Novos titulares: José Manuel Vila Fungueiriño (***3852**), (50 % privativo) e Roberto Martín Fungueiriño Vila (***3852**), (50 % privativo) .

Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas da anterior dende o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo), a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

A Coruña, 12 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña