DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública a extinción e solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.05558 e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción e o outorgamento dunha nova concesión de augas coas seguintes características:

Titulares concesión anterior: José González García e Benigno Manuel Duarte López.

Solicitante nova concesión: José González García.

Expedientes: DH.A36.05558 e DH.A36.99325.

Volume total anual: 10.052,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,14 l/s.

Destino: uso doméstico e gandeiro.

Orixe: mina e pozo.

Lugar: Cardelle

Parroquia: Santo André de Vea.

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento: o aproveitamento de que se tramita a extinción consiste na captación dunha mina de aproximadamente 30 m de longo e condución ata unha arqueta que serve de depósito regulador con dúas saídas ata as vivendas dos titulares e a explotación gandeira dun deles.

O aproveitamento para o cal se solicita nova concesión consiste na captación da mesma mina anterior, na parcela 36017W521016130000JX, e tamén dun pozo de barrena duns 60 m de profundidade na mesma parcela, que conta na superior con arqueta de aros de 90 cm de diámetro e 1,10 m de fondo, onde se impulsa ata unha caseta de recepción, onde se reúne coa captación anterior, duns 2,50 ˣ 2,50 ˣ 2,25 m e que conta cun depósito de 2.000 l. Desde aquí subminístrase a un depósito de 50.000 l situado na parcela da vivenda e granxa.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial , situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro