DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40541

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024 pola que se convocan para a elección de destino en prácticas e se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

En virtude da Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

O tribunal encargado de cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, na Resolución do 3 de abril de 2024 (DOG núm. 70, do 10 de abril).

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo, e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos ás persoas aspirantes nas bases da convocatoria, así como co obxecto de que as persoas aspirantes que a superaron poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, de acordo coas bases da convocatoria do proceso selectivo, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición no dito proceso selectivo e que, para dar cumprimento á base II.3 da convocatoria, son convocadas de xeito presencial ao acto de elección de destinos en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino. Este acto terá lugar no salón de actos pequeno (núm. 2) da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ás 11.30 horas do día 8 de xullo de 2024.

Segundo. As prazas ofertadas para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. Para a selección de destinos as persoas aspirantes procederán da seguinte forma:

Unha vez que sexa chamada no acto de elección de destino, a persoa aspirante deberá achegarse á presidencia da mesa do acto e elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller praza». As persoas aspirantes non poderán optar pola solicitude de excedencia.

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito nese mesmo acto. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario en prácticas no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

2º. De elixir a opción «Escoller praza», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia e segundo a orde establecida no anexo I desta resolución, entre os destinos que se ofertan.

Cuarto. Á persoa aspirante que non se presente ao acto de elección de destino en prácticas o día sinalado seralle adxudicada en destino a praza que lle corresponda atendendo á orde de publicación destos e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, e que figuran no anexo I ordenadas de acordo coa puntuación final obtida.

O nomeamento terá efectos, segundo o establecido na base II.3 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulado na resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 27 de xuño de 2024, que será o día 15 de xullo de 2024.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, a Leticia Conde Delgado e a María del Rosario Fraga Martínez, aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), e ás que se lle autorizou a realización das prácticas coa promoción inmediatamente posterior pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 16 de xaneiro de 2023, e adxudicarlles como destino en prácticas o posto que veñen desempeñando na Axencia Tributaria de Galicia en Ourense e na Xefatura de Servizo de Fiscalización e Contabilidade na Intervención Delegada da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, respectivamente.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Núm. orde elección e de orde no proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Subgr.

1

***5504**

Rodríguez González, Mª Aránzazu

L

A2

2

***7213**

Saldaña Villa, Pablo Indalecio

L

A2

3

***7466**

Álvarez Pérez, Moisés

L

A2

4

***4713**

Cabado Rodríguez, Ángela

L

A2

5

***4524**

Vázquez Gende, Pablo

L

A2

6

***9112**

Loureiro Lorenzo, Mª del Carmen

L

A2

7

***8517**

Fernández Cofan, Ángela

L

A2

8

***6353**

Coello Paz, Emma

L

A2

ANEXO II

Núm.

Centro de destino

Concello

Subgrupo

1

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Ourense

A1/A2

2

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

A1/A2

3

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

A1/A2

4

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1/A2

5

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1/A2

6

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1/A2

7

Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico

Santiago de Compostela

A1/A2

8

Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico

Santiago de Compostela

A1/A2