DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de técnica/o da Administración xeral correspondente ao grupo A, subgrupo A1, nivel 24 de complemento de destino (CD), encadrada na escala da Administración xeral, subescala técnica, e de tres futuras vacantes de técnica/o da Administración xeral correspondentes ao grupo A, subgrupo A1, nivel 24 de complemento de destino (CD), encadradas na escala da Administración xeral, subescala técnica ao abeiro da disposición adicional décimo oitava da Lei do emprego público de Galicia, polo sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 84, do 30 de abril de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de técnica/o da Administración xeral correspondente ao grupo A, subgrupo A1, nivel 24 de CD, encadrada na escala da Administración xeral, subescala técnica, incluída na oferta de emprego público do ano 2023 do Concello de Culleredo, publicada no BOP da Coruña núm. 232, do 5 de decembro de 2023, e de tres futuras vacantes de técnica/o da Administración xeral, correspondente ao grupo A, subgrupo A1, nivel 24 de CD, encadradas na escala da Administración xeral, subescala técnica ao abeiro da disposición adicional décimo oitava da Lei do emprego público de Galicia, unha delas a cargo da OEP do ano 2024 e as outras dúas a cargo da OEP 2025, polo sistema de oposición libre.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 6 de maio de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm.1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11.7.2023)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior