DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, e dunha futura vacante de auxiliar administrativa/o ao abeiro da disposición adicional décimo oitava da Lei do emprego público de Galicia, correspondentes á Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C2, polo sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 84, do 30 de abril de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, e dunha futura vacante de auxiliar administrativa/o ao abeiro da disposición adicional décimo oitava da Lei do emprego público de Galicia, correspondentes á Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C2, polo sistema de oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 3 de maio de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm.1260/2023, do 4.7.2023;
(BOP núm. 131, do 11.7.2023)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior