DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión, por concurso ordinario, do posto de traballo de xefa/e de sección de servizos sociais básicos correspondente ao grupo A, subgrupo A2, nivel 24 de complemento de destino (CD), encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica (código RPT BS.2.1.01).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 90, do 9 de maio de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión, por concurso ordinario, do posto de traballo de xefa/e de sección de servizos sociais básicos correspondente ao grupo A, subgrupo A2, nivel 24 de CD, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica.

O prazo para a presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 14 de maio de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm.1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11.7.2023)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior