DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40241

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 25 de xuño de 2024 pola que se amplía o crédito da Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento administrativo IN519B).

A través da Orde do 4 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro) convocáronse para o ano 2024 as subvencións destinadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de concorrencia competitiva.

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 4 de xaneiro de 2024, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará para a anualidade de 2024 a cantidade de 3.517.172,62 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.732A.760.0. No punto 3 deste artigo prevese a posibilidade de incrementar a dotación desta partida en funcións das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, feito que non implica a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

A consecuencia do establecemento da nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, aprobada polo Decreto 42/2024, do 14 de abril, ditouse a Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 25 de abril de 2024 pola que se regulan as actuacións orzamentarias e contables necesarias para a adaptación do orzamento á nova estrutura orgánica, redistribuironse as aplicacións orzamentarias.

Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria, o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación, polo que procede a oportuna modificación orzamentaria incorporando crédito na aplicación 39.02.732A.760.0 Mellora de infraestruturas en parques empresariais, por un importe de 271.083,78 €.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Modifícase o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Consellería de Economía e Industria do 4 de xaneiro de 2024 no referente ao importe total do crédito orzamentario e increméntase en 271.083,78 €, de maneira que a anualidade de 2024 pasa a ser de 3.788.256,40 €.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria