DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40243

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2024 pola que se conceden subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2024 en réxime de non concorrencia.

Logo de ver as solicitudes de axudas destinadas a facilitar a participación das galerías de arte que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en feiras e eventos do sector que teñan lugar entre decembro de 2023 e novembro de 2024 fóra da Comunidade, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei, e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A suma total das axudas ascende a oitenta mil euros (80.000 €), que se librarán con cargo á aplicación 43.03.432B.770.0 (CP 2015 00374) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Segundo os criterios sinalados no artigo 11 da Orde do 27 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras,

RESOLVO:

Conceder as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 2, e publicalas do Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 11 da orde.

As galerías subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 15 da orde de convocatoria e quedaran suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conforme o artigo 11 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpoñer o contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022, DOG núm. 151, do 8 de agosto; DA 2ª do Decreto 49/2024)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Relación de galerías por orde de entrada de solicitude
(acreditado mediante número e hora de entrada no rexistro electrónico)

Solicitante

Orde entrada no rexistro

Feiras ou mercados de arte

Data

Importe concedido

María Luisa Pita Díaz (Galería Luisa Pita)

1

Miami Art 2023

5.12.2023

8.000,00 €

Art Madrid 2024

6.3.2024

4.000,00 €

Vicente Muñiz Vázquez (La Doce)

2

Hybrid Art Fair Madrid

7.3.2024

4.000,00 €

MC Proxectos de Arte, S.L. (Metro)

3

Miami Art 2023

5.12.2023

8.000,00 €

Art Madrid 2024

6.3.2024

4.000,00 €

María Jesús Villar Iglesias (Nordés)

4

Miami Art 2023

5.12.2023

8.000,00 €

ArtBo Bogotá 2024

26.9.2024

8.000,00 €

M. Rodríguez y Cía., S.L. (MoretArt)

5

Art Madrid 2024

6.3.2024

4.000,00 €

Galería PM8

6

Frieze London 2024 (Gran Bretaña)

9.10.2024

8.000,00 €

Paris+Art Basel (Francia)

16.10.2024

8.000,00 €

M. Asunción Rodríguez (Trinta)

7

Pinta Miami (USA)

6.12.2023

8.000,00 €

Drawing Room Lisboa

3.10.2024

8.000,00 €

Solicitudes non admitidas por esgotamento do crédito (segundo o artigo 10.2 da orde de convocatoria)

Cristian Balsa Gavilanes

8

Galería Vilaseco

9

Arte Anaga

10

Pablo Pardo Sánchez

11