DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40024

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE de 20 de xuño de 2024 pola que se modifica a autorización do Centro Privado Plurilingüe La Grande Obra de Atocha, da Coruña.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe La Grande Obra de Atocha, solicita a modificación da autorización para a supresión de 1 unidade de educación primaria e a ampliación de 1 unidade de educación especial.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para suprimir 1 unidade de educación primaria e ampliar 1 unidade de educación especial. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: La Grande Obra de Atocha.

Código do centro: 15004782.

Domicilio: rúa Baltasar Pardal Vidal, 1.

Localidade: A Coruña.

Código postal: 15001.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Composición resultante:

Educación infantil: 9 unidades.

Educación primaria: 23 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias e tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

Educación especial: 3 unidades.

Formación profesional:

• CS de Educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CM Xestión administrativa (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• FPB Servizos administrativos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional