DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40081

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 18 de xuño de 2024 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Pola Orde do 29 de abril de 2024 (DOG nº 91, do 10 de maio) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 29 de abril de 2024 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica e que é seleccionada conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 8 do dito Decreto 151/2022, do 4 de agosto, o prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, en que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión computarase desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lle fosen concedidos ao/á interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A Xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, emitirán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Rey Tristán, María Jesús.

NIF: ***0655 **.

Corpo/escala/clase: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde/categoría médicos/as de familia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

Código do posto: CSA040000115770001.

Nivel C.D.: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.