DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40079

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 4 de xuño de 2024.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 4 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 10 de xuño), de conformidade co establecido no artigo quinto da citada orde

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 4 de xuño de 2024, unha vez vistos os informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros de profesorado dos centros integrados, tal e como establece o punto 2 do artigo quinto da citada orde.

Segundo. No uso das atribucións conferidas polo punto 4 do artigo quinto da antedita orde, nomear directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia as persoas candidatas relacionadas no anexo desta resolución.

Terceiro. O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xullo de 2024 inclusive.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

Mª Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Provincia

Concello

Código centro

Centro integrado de formación profesional

Apelidos e nome

DNI

A Coruña

A Coruña

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

Luaces Gudín, Rufino David

****560**

Ourense

Ourense

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Saa Sarria, Adelaida

****462**

Ourense

Vilamarín

32016285

CIFP de Vilamarín

Fachado Rubio, Eva

****399**

Pontevedra

Pontevedra

36006419

CIFP Montecelo

Carballa González, Juan Miguel

****456**

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

36013771

CIFP Fontecarmoa

De Andrés Vázquez, Jesús

****891**

Pontevedra

Vigo

36024461

CIFP Audiovisual de Vigo

Fernández Riveiro, Miguel Anxo

****795**