DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 6 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifican resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-107294 e cinco máis).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprazanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican, competencia deste departamento territorial.

No prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica. Advírteselles que, de non o faceren así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, se poderá interpor o recurso de alzada, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 6 de xuño de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-107294

36041894C

Resolución tendo por desistida a solicitude

18.3.2024

BS210A/PO-108489

78158919C

Resolución tendo por desistida a solicitude

18.3.2024

BS210A/VI-110277

52494249S

Resolución tendo por desistida a solicitude

18.3.2024

BS210A/VI-102168

36046827P

Resolución tendo por desistida a solicitude

20.11.2023

BS210A/VI-105461

36005015X

Resolución tendo por desistida a solicitude

15.3.2024

BS210A/PO-103785

54656897L

Resolución tendo por desistida a solicitude

15.3.2024