DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, de la Direccion Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente PO-110987 e dous máis).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos que se indican competencia deste departamento territorial.

No prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles que, de non facelo así, teráselles por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Vigo, 5 de xuño de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/
núm. de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-110987

35428741R

Requirimento de emenda da solicitude

23.2.2024

BS210A/VI-111456

54383255P

Requirimento de emenda da solicitude

29.1.2024

BS210A/VI-112383

35922956S

Requirimento de emenda da solicitude

27.2.2024