De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, son emprazadas as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos, ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11 de outubro, e BOE núm. 263, do 30 de outubro), lles son notificados ás persoas indicadas no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede desta dirección territorial provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 17 de xuño de 2024
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Acto |
ANI-CO-0037/2024-V |
32689006A |
Acordo de inicio |
ANI-CO-0038/2024-V |
49047949N |
Acordo de inicio |