DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de conservación da natureza (expediente CON-CO-0006/2024-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos, ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de conservación da natureza, lle son notificados á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada, poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede desta dirección territorial provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 3 de xuño de 2024

Cristina Carrión Rodríguez
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada DNI/NIF/NIE

Acto

CON-CO-0006/2024-V

76999880C

Acordo de inicio